O Porriño prepárase para as Festas do Cristo e dos Callos 2022

Do 23 de setembro ata o 2 de outubro

O Porriño | Un mes de festas agardan ao Porriño. Os eventos comezarán coa tradicional Festa do Cristo os días 23, 24, 25 e 26 de setembro e de seguido a XXVIII Festa dos Callos, prevista para a os días 1 e 2 de outubro.

A programación das Festas do Cristo anuncia orquestras, espectáculos na rúa, deporte e gastronomía para celebrar as Festas Grandes do Patrón deste Concello da Louriña, cuxa celebración data de 1650.

Co paso dos anos, a festa foi incluíndo novos ingredientes de cultura urbana orientados á mocidade, como son as iniciativas “O Cristo do Rap” e o festival “Montando o Cristo”, que nesta edición se celebrará o 24 de setembro na Carpa do Roxy con agrupacións como Zalomon Grass, Zona Cero e The Broke.

Pola súa banda, a XXVIII Festa dos Callos volverá a reunir á hostalería e os veciños porriñenses neste tradicional evento de degustación gastronómica e de apoio ao comercio local.