O Porriño leva a Oficina Catastral ás parroquias

Para ofrecer asesoría e facilitar os trámites da veciñanza

O Porriño | O Concello do Porriño pon en marcha a partir da próxima semana a oficina de información e tramitación catastral que se instalará nas diferentes parroquias do municipio, en resposta ás demandas da cidadanía que estes días está a recibir os recibos do pago das cuotas do IBI resultantes da revisión da valoración catastral levada a cabo no ano 2020 polo Catastro (Ministerio de Facenda).

O servizo, no que se ofrecerá asesoría e facilitarán os trámites á veciñanza, percorrerá as parroquia de maneira alterna en horarios de tarde e de mañá.

As dúas primeiras quendas son as que siguen:
O Porriño (Salón de plenos do Concello)
Luns 3 de outubro de 16 h-19 h / Mércores 12 de outubro de 11 h-14 h
Torneiros (Multiusos)

Martes 4 de outubro de 16 h-19 h / Xoves 13 de outubro de 11 h-14 h
Atios (Centro Cultural)

Mércores 5 de outubro de 16 h-19 h / Venres 14 de outubro de 11 h-14 h
Pontellas (Centro Cultural)

Xoves 6 de outubro de 16 h-19 h / Luns 17 de outubro de 11 h-14 h
Budiño (Centro Cultural A Forna)

Venres 7 de outubro de 16 h-19 h / Martes 18 de outubro de 11 h-14 h
Chenlo (Centro Cultural)

Luns 10 de outubro de 16 h-19 h / Mércores 19 de outubro de 11 h-14 h
Carracido (Centro Culrual As Mimosas)

Martes 11 de outubro de 16 h-19 h / Xoves 20 de outubro de 11 h-14 h

As vindeiras quendas publicaranse nos centros culturais das parroquias e informarase nas redes sociais e páxina web do Concello.

Outros artigos