O Porriño deu comezo ao Entroido 2022

Co pregón por parte dos estudantes gañadores do Concurso Escolar de Carteis

O Porriño | O Concello do Porriño deu comezo formalmente ao Entroido 2022 coa participación de Valeria, Rubén e Saray, gañadores do Concurso Escolar de Carteis do Entroido, que leron hoxe o pregón dende o balcón da casa consistorial do Porriño.

Os escolares estiveron acompañados polas súas compañeiras Laura e Carlota, polo alcalde, Alejandro Lorenzo, membros do goberno local e ante unha praza que rompeu en aplausos á voz de “Viva o Entroido do Porriño”.