O Porriño avanza no saneamento da parroquia de Budiño

Con obras de extensión da rede no núcleo do Picouzo e no Mosteiro

O Porriño | O Concello do Porriño avanza nos traballos de extensión da rede de saneamento na parroquia de Budiño.

Estes días estase a rematar a obra que dará servizo a 29 vivendas e ao colexio no núcleo do Picouzo, que contempla a conexión coa rede xeral de abastecemento e saneamento para o cal se instalaron catro grandes colectores 542, 404, 370 e 1.010 metros máis colectores de sección de tramos que suman preto de 2 quilómetros máis de tuberías.

A piques de rematar tamén están os traballos do barrio do Mosteiro, que dará servizo a catro vivendas e , nunha segunda fase, extenderase ata conectar co barrio da Trapa.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, reiterou o seu “compromiso coa execución do saneamento integral en Budiño, e en cada unha das parroquias do termo municipal” e lembrou que, en base á planificación levada a cabo polo goberno municipal, “vimos de dotar de crédito a redacción dos proxectos pendentes de saneamento no municipio, para adiantarnos e axilizar na medida do posible a súa futura execución”.