O Porriño aposta pola inclusión no Camiño de Santiago

No marco da Special Olympics Galicia

O Porriño | Un total de 54 peregrinos saíron hoxe do Porriño para percorrer o Camiño de Santiago máis inclusivo.

Trátase dos participantes na xa clásica Peregrinación Xacobea que organiza Special Olympics Galicia cada Ano Santo, co fin de visibilizar o movemento asociativo da discapacidade intelectual así como ás familias, profesionais e persoas voluntarias que conforman dito movemento e que hoxe, saíron do parque do Cristo para completar o Camiño Portugués ata Santiago de Compostela.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, o director xeral de maiores e discapacidade da Xunta, Fernando González Abeijón, e o responsable de Special Olympics e Fademga Plena inclusión Galicia, deron a saída oficial a esta peregrinación no parque do Cristo. Xunto con eles, iniciáronse rutas simbólicas e adaptadas dende distintos municipios de Galicia onde comeza o Camiño e, o próximo sábado, confluirán en Santiago onde se celebrará un acto de recibimento.

O rexedor compartiu con eles os momentos previos á saída e desexoulles un bo camiño destacando que “O Porriño está moi orgulloso de poder compartir con todos vós esta experiencia”.