O Nadal xa comezou no C.C A Laxe de Vigo

Co encendido das luces este 24 de novembro
O C.C A Laxe xa deu comezo á temporada de Nadal.

Vigo | Este mércores 24 de novembro, a partir das 20:00 horas, deuse comezo oficialmente ao Nadal no Centro Comercial A Laxe co encendido das luces, contando coa presenza dos directores xerais de Óptima e do xerente do C.C A Laxe.

O momento do encendido das luces de Nadal.

A decoración de Nadal no centro comercial consta do seguinte:
– Árbore de Nadal na praza central de 8 metros de altura.
– 6 árbores de Nadal de 2 metros de altura.
– Mais de 500 metros lineais de iluminación led.
– Mais 500 elementos de Nadal decorativos.

– Iluminación da pasarela para conectar co centro de Vigo.
-Actuación de Broken Peach este mércores 24 de novembro a partir das 20 horas.

-Unha exposición para nenas e nenos cos SuperThings distribuída nas tres plantas do centro comercial.
-Visita de Papá Noel do 22 ao 24 de decembro e dos Reis Magos do 3 ao 5 de xaneiro.