O murciano Rubén Lucas García, gañador do Premio ao Cartaz da LXIX Festa da Lamprea de Arbo

Co lema “L de Lamprea” e será o cartel anunciador da Festa 2024

Arbo | Arbo xa ten o cartaz que anuncie as súas festas máis emblemáticas tras un disputado concurso, con propostas chegadas de todas partes de Galicia, España e Francia.

O Concello de Arbo mostrou a súa satisfacción co alcance, a categoría e a participación lograda nesta nova edición do concurso de carteis da “LXIX Festa dá Lamprea”, onde os autores mostraron unha vez máis, diferentes habilidades, talento, creatividade e coñecemento absoluto sobre a localidade e a Raíña do Miño, a lamprea.

Moitas foron as propostas que chegaron ao Concello de Arbo desde distintas partes da xeografía galega, española e mesmo do país veciño Francia, que demostra o alcalce e a repercusión que a nosa Festa ten Internacionalmente.

Os bosquexos avaliados por un xurado reunido o pasado día 17 de xaneiro de 2023 no Salon de Plenos do Concello de Arbo,  composto por membros de diferentes sectores de Arbo, non o tiveron doado, os deseños, todos eles coa lamprea como tema principal, presentaban unha enorme destreza.

Este certame celebrouse durante máis de 31 anos e xurdiu como unha idea para promover a festa da Lamprea (www.festadalamprea.gal) que se celebra desde o ano 1961 a última fin de semana de abril e que xa é recoñecida internacionalmente.- manifesta Horacio Gil, rexedor – que ademas informa que o cartel gañador é unha obra clara cun alto contido identificativo de Arbo e os Arbenses.

O cartaz de Rubén Lucas, proposta é unha ilustración que pretende poñer en valor elementos propios de Arbo como son a foto da Casa do Concello, asi como representar o ambiente festivo e a gran homenaxeada “A Lamprea”. Rubén Lucas é deseñador gráfico e fotógrafo e ten é o seu currículo diversos premios en concursos de carteis en toda a geografia española, como son os entroidos de Vitoria, Festas do Medievo de Villena, o entroido de Cartaxena, Festa de San Telmo de Tui……

Tendo en cuenta a alta participación, ademais do feito de que algúns dos autores son de diferentes partes de España e mesmo do país veciño Portugal, mostra que a festa da Lamprea e Arbo, cada ano ten un maior impacto na escena nacional e internacional,  e aí é onde se nota o beneficio do  intenso traballo de promoción levado a cabo en  os últimos anos.

En apenas tres meses, entre o 26 e o 28 de abril, celebrarase a sesenta e catro Festa da Lamprea en Arbo – Horacio Gil, Alcalde de Arbo – a noticia recibida hai un ano en FITUR, onde a Festa obtivo a Declaración de Festa de Interese Turístico Internacional e a gran promoción realizado durante todo o ano, esta dando os seus froitos, porque non só estamos a recibir máis turisticas e visitantes de Portugal, Francia e outros paises europeos, senón que nos chegou unha proposta de Lyon-Francia. – termina o rexedor Desde o Concello de Arbo, felicitamos a todas e todos os participantes desta edición polo gran nivel dos carteis presentados e animámolos a que sigan participando nas próximas edicións e convidámoslles os días 26, 27e 28 de abril á LXIV Festa da Lamprea, para seguir coñecendo un pouquiño máis da Festa Gastronomica máis antiga de Galicia.