O Mercadillo Municipal de Arbo retoma a súa actividade

A reapertura esta contemplada entre as medidas adoptadas polo concello de Arbo para reactivar a economía local.

Arbo | O concello de Arbo, reiniciou a súa actividade do Mercadillo Municipal do Mércores , suspendida dende a declaración do estado de alarma no pasado mes de marzo.

Os postos instalaranse na Praza Consistorio e na Praza do Mercado como viña sendo habitual.

Os postos do mercadillo estarán adaptado ás medidas de seguridade e distanciamento establecida entre postos

O Concello de Arbo, recorda a obrigatoriedade de asistir con máscaras protectoras a realizar as compras, así como de gardar as distancias e cumprir coas instrucións que vaia indicando o persoal municipal, a garda civil e o persoal dos postos. Tamén lembran que para entrar as instalacións da Praza de Abastos deberá usar mascarilla e soamente se permite unha persoa por posto ou bancada.

O Mercadillo retomase na Praza Consistorio e na Praza do Mercado tódolos mércores de mes

O alcalde do concello de Arbo, Horacio Gil apela á responsabilidade dos veciños e veciñas, á hora de evitar aglomeracións e tentar manter sempre a distancia de seguridade recomendadas, usar mascarilla e ademais de todas as disposicións marcadas polo Goberno de España, a Xunta de Galicia e as autoridades sanitarias. Coa reapertura do Mercadillo dos Mércores pretendese ir pouco a pouco adquirindo a normalidade, sempre coas condicións e medidas de seguridade, e dar un paso máis na reactivación da economía local.