• Segue conectado
  • |

O goberno municipal aspira a triplicar os axentes de Policía neste mandato

Mera lembra que nos últimos 12 meses se incorporaron 5 novos axentes pasando de 7 a 12 e que están convocadas ou en proceso de selección 6 prazas máis.

PonteareasO Goberno Local explicou hoxe, na Xunta de Voceiros celebrada a petición de ACIP, a situación da Policía Local da localidade. O concelleiro de Bo Goberno e de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, ofreceu os datos oficiais sobre o cadro de persoal. A Policía Local conta a día de hoxe con 17 efectivos repartidos do seguinte xeito: un oficial, 11 axentes e 5 auxiliares. Deles, tres axentes están de baixa prolongada. Ademais, na Academia Galega de Seguridade Pública está en marcha o proceso de selección de tres novos axentes e un oficial que se deberán incorporar en 2021, incrementando para entón o número de policías locais até os 16. Ademais, hai varias semanas aprobouse a oferta de emprego público do Concello con 2 prazas máis de axentes (as que se poden convocar neste exercicio por ter quedado vacantes en 2019) e cuxo proceso de selección debe convocar a Academia Galega. Por último, prevese que a oferta de emprego público de 2021 inclúa as tres prazas vacantes deste ano 2020 producidas por falecemento, mobilidade e promoción interna. Deste xeito, no caso de que non se produzan traslados a outros concellos, o cadro de persoal da Policía Local para o ano 2022 estaría conformado por 21 efectivos dos que 2 serían oficiais e 19 axentes, triplicando así a cifra de 7 axentes do ano 2019. O edil nacionalista sinalou que esa cifra tan exigua foi consecuencia das xubilacións, excedencias e traslados producidos entre finais de 2017 e comezos de 2019, un total de 10 prazas, e a longa duración legal dos procesos de selección de novos axentes.

Segundo Mera, “antes de 2015 os gobernos das dereitas ponteareáns non cubriron en prazo varias prazas vacantes da Policía Local o que conlevou a súa desaparición. En contraste, o actual goberno desde 2015 está convocando e cubrindo do xeito máis rápido posíbel legalmente todas as prazas vacantes que a normativa permite”.

Malia as limitacións do cadro de persoal, Mera lembra que “estamos facendo un esforzo con servizos extraordinarios nas noites das fins de semana. Mentres que moitos concellos semellantes a Ponteareas suprimiron nos últimos meses os turnos de noite, para ser atendidos só pola Garda Civil, nós continuamos prestando o servizo

Publicado o 16 Ago 2020 en Ponteareas, Portada, Seguridade Cidadá.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies