O futuro da alimentación, a debate en Compostela

No I Congreso Internacional de "Consumo. Alimentación, sustentabilidade e calidade"

Santiago de Compostela | A Unión de Consumidores de Galicia, en colaboración con entidades de relevancia como a Xunta de Galicia, a Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Cetmar, Asuga e ConsuMES, anuncia a celebración do ‘I Congreso Internacional de Consumo. Alimentación, sustentabilidade e calidade’.

Esta cita, programada para os días 30 de novembro e 1 de decembro no Hotel NH Collection da capital galega, postúlase como un punto de encontro para profesionais, académicos e cidadanía interesada en temáticas de consumo, sustentabilidade e calidade alimentaria.

O evento convocará a máis de 50 persoas expertas e profesionais para analizar e debater sobre o consumo de produtos do mar, a calidade diferenciada e a sustentabilidade no sector da alimentación.

Coa inauguración a cargo de Alfonso Villares Bermúdez, Conselleiro do Mar da Xunta de Galicia; este congreso contará con tres sesións temáticas destacadas. O xoves 30 abordarase o consumo de produtos do mar pola mañá e os alimentos de calidade diferenciada pola tarde.

A xornada do venres 1 centrarase en as preferencias do consumidor e sustentabilidade, sendo inaugurada por María Jesús Lorenzana Somoza, Conselleira de Economía, Industria e Innovación; e clausurada por Pedro Blanco Lobeiras, Delegado do Goberno en Galicia.   Este evento será unha oportunidade para coñecer estudos, como o presentado por Miguel López Crespo, Secretario Xeral da Unión de Consumidores de Galicia sobre o consumo de peixe, e debater sobre innovacións e tendencias que afectan directamente á realidade alimentaria de Galicia.

A axenda do congreso promete ricos debates e presentacións de alto nivel, coa participación expertos nacionais e internacionais, como Guillermo Aldama López, cardiólogo do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; Luigi Tozzi, director adxunto de SAFE Food Advocacy Europe; Carlos Cruzado Catalán, presidente do Sindicato de Técnicos de Facenda GESTHA; ou Ana Díaz Pérez, Subdirectora Xeral de Calidade e Sustentabilidade Alimentaria do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Ademais, promoverase o diálogo e o intercambio de ideas con mesas redondas nas que participarán unha ampla diversidade de entidades e empresas, como o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Fundación Cetmar, Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), Intereco, Fundación Española de Nutrición, CONGALSA, FEDEPESCA, Vegalsa-Eroski, GADISA, FROIZ, ECOEMBES e CONXEMAR, entre outras.   Os produtos de calidade diferenciada, denominacións de orixe protexida (DOP) e indicacións xeográficas protexidas (IGP), protagonizarán unha mesa redonda na que dialogarán representantes de IGP Tenreira Galega, DOP Ribeira do Douro, DOP Aceite Oliva Estepa, DOP Mexillón de Galicia e DOP Queixo Idiazabal.

Este evento é unha oportunidade única para estar ao día dos debates, innovacións e tendencias do sector alimentario en España. Ademais, ofrécense tarifas especiais de aloxamento para quen desexe asistir e actividades paralelas para gozar de Santiago de Compostela.