
Vigo | O Foro Enrique Peinador realizará o vindeiro 15 de outubro na sede en Vigo da Deputación Provincial de Pontevedra (rúa Eduardo Chao) ás 12:30 horas, a presentación da “Guía práctica de galeguización empresarial”, como ferramenta de apoio para todas aquelas empresas que pretendan incorporar a lingua galega nas súas actividades.
A Guía, cuxa elaboración conta coa apoio da Deputación, supón unha iniciativa máis do Foro Enrique Peinador en prol da utilización do galego no ámbito económico e empresarial. O seu presidente Xosé González Martínez sinala que prevén distribuir 500 exemplares.




