O Covelo mellora as súas instalacións deportivas

Cun investimento de 155.000€

O Covelo | O concello de Covelo continúa coa mellora das instalacións públicas deportivas nas que, nos últimos anos, leva investido 154.327€. Unha pista de skate e unha pista polideportiva detrás do edificio multiúsos municipal, unha nova pista de padel, colocación de canastas en distintas parroquias e melloras nas pistas polideportivas de Baldomar, Barcia de Mera, Casteláns e Maceira son algunhas das actuacións postas ao servizo da cidadanía nos últimos anos.

A estas actuacións súmanse as que se realizarán ao longo deste ano en Pazos, Santa Mariña, donde o Concello mellorará a pista deportiva rebaixando as aristas existentes entre as xuntas do pavimento e reparando o formigón para o seu posterior marcado e pintado.

Co obxectivo de ofrecer á veciñanza instalacións públicas de calidade, o goberno de Covelo construiu unha pista de padel con peche perimetral de aceiro galvanizado e vidros templados e cun pavimento de céspede sintético padelgrass, elementos todos eles homologados e con excelente comportamento ao bote da pelota durante o xogo, investindo un total de 39.898,83€-

Nas parroquias de Barcia de Mera, Casteláns e Maceira realizáronse traballos de limpeza das antigas pistas para proceder ao novo revestimento de alta resistencia ao desgaste e á accións dos axentes atmosféricos con micro rugosidade para unha maior seguridade na práctica deportiva ao aire libre.

Ademais procedeuse ao marcado das liñas de xogo para fútbol sala e tenis e suministrouse novas redes de porterías en Casteláns e Maceira, e de tenis en Casteláns. Na parroquia de Baldomar, dado o estado de deterioro da pista antiga, foi necesario dispor primeiro dunha nova soleira de formigón sobre a xa existente. En total actuouse sobre 2.617 m2.

O goberno aposta por ofrecer servizos de calidade á cidadanía que contribúan a unha mellora do día a día, fomenten hábitos de vida saudables, e repercutan na fixación de poboación.

“Queremos que os nosos veciños e veciñas teñan as infraestruturas que precisan para o desenvolvemento diario da súa vida, espazos públicos de calidade sen ter que saír do seu concello. Exemplo disto é a recén inaugurada pista polideportiva e de skate, detrás do edificio multiúsos na que é habitual ver aos máis pequenos xogando e practicando deportes”, explica o alcalde Pablo Castillo.

Ademais, en San Salvador de Prado, Barciademera, Godóns e Paraños veñen de colocarse canastas de mini basket cun orzamento total de 4.500€.

Outros artigos