O Covelo entrega os premios do concurso Festas Patronais 2022

Nas modalidades do debuxo, fotografía e repostería

O Covelo | Un ano máis o Concello de Covelo entregou os premios do concurso Festas Patronais que premia a creatividade nas modalidades do debuxo, fotografía e repostería.

Fomentar a curiosidade e premiar o noso lado máis artístico son algúns dos obxectivos deste concurso que entregou cincocentos euros en premios.

Nun ambiente festivo e participativo os membros do xurado e do goberno local entregaron os premios na praza Mestre Cerviño na que o público tamén puido degustar os postres presentados.

Carlos Flores Baquero, profesional do ramo da respostería; Eduardo Casal Barreiro, do ramo do debuxo e o fotógrafo Julio Eiroa Mera foron os responsables de valorar as propostas e a xuíza de paz Uxía Estévez de darlle conformidade. Tras a súa deliberación decidiron que Mayte Bouza González resultase a gañadora do concurso de fotografía na categoría adultos recibindo o seu diploma e un cheque regaldo de 100 € e Xabi Gómez Lorenzo primeiro na segunda categoría de fotografía cun cheque regalo valorado en 50 € e o seu correspondente diploma.

Na modalidade de debuxo Julia Castillo Gómez fíxose co primeiro premio infantil e recibíu un cheque regalo de 50 € máis o diploma e Ana Soto Berto co primeiro posto da 2ª categoría de debuxo cun cheque regalo de 100 € máis o diploma. Catarina Crespo Cid fíxose co premio ao sabor na modalidade de repostería e foille entregado un cheque regalo de 100 € máis o diploma, mentres Nancy Andrea Goncalves Rodrigues recollía o premio de mellor presentación cun cheque regalo de 100 € e o diploma.

A concelleira de Cultura, Lourdes Enes, agradeceu en nome de todo o goberno local a participación de todos os e as concursantes e salientou o alto nivel das propostas en todas as modalidades animando a presentarse a todo o público para a vindeira edición.