O Covelo combate a vespa velutina

A través da adquisición dunha escopeta e formación voluntaria

O Covelo | O Concello de Covelo investíu 3.146,54 euros nunha escopeta para combater a Vespa velutina. No día de onte a empresa subministradora impartíu unha clase teórica e práctica na que formou a catro voluntarios.

O alcalde, Pablo Castillo, agradece a colaboración destes veciños que xa viñan traballando de xeito voluntario na erradicación dos niños deste avespón asiático que tantos danos provoca nas árbores froiteiras locais, cultivos e nas colmeas. Co obxectivo de protexer o medio natural ante esta invasión o Concello de Covelo xa leva anos entregando de balde trampas e líquido atraente á veciñanza. Nestes intres, o Concello está repartindo un total de 200 novas trampas de captura de raíñas. Nos últimos seis anos entregáronse 1200 trampas. Ademais, o Concello posúe unha pértiga e participou, ao longo destes anos, en distintas formacións para coñecer as técnicas máis.

Os profesionais que impartiron o curso recomendan estar atentos e informar sobre a localización dos niños na procura de conseguir erradicar as raíñas sendo este o método máis efectivo para reducir o número desta especie invasora. Tamén consideran necesario empregar trampas e líquidos axeitados que non capturen outros insectos ou avespas autóctonas, moi necesarias e importantes para a biodiversidade local.

O set da Asiatic Wasp Ball inclúe diferentes ferramentas para a práctica e para o mantemento como un compresor eléctrico de carga de botellas, mil unidades de difusores, un prolongador de aire e unha mochila para portar este arma, entre outros utensilios.

Agora, os voluntarios realizarán unhas prácticas previas para saír ao campo sendo tamén moi importante a colaboración veciñal ofrecendo información certeira sobre a localización de niños.

Interpretación astronómica no Serradoiro dos Carranos
O Concello de Covelo abre o prazo para inscribirse nas dúas xornadas de interpretación astronómica “Ceo de primavera. 4 estacións Starlight”. Enmarcadas na programación de actividades anuais que oferta o Concello de xeito estable e gratuítas, a actividade desenvolverase no conxunto xeográfico do Faro de Avión o vindeiro venres 12 de abril e sábado 13 de abril aberta a tódolos públicos incluso para aquelas que teñan mobilidade reducida. O punto e hora de encontro será na contorna da igrexa da Xestosa, na parroquia de San Salvador de Prado, dende 30 minutos antes do ocaso e 1/1,5 horas logo do solpor.

Acompañadas/os do monitor starlight da Fundación Starlight, Julio Eiroa, terán a oportunidade de contemplar as estrelas máis brillantes, aprenderán a orientarse e descubrirán constelacións. Covelo aposta así pola observación do firmamento como parte do seu patrimonio natural, paisaxístico, cultural e científico posionándose como un dos Concellos de referencia para o coñecido “turismo das estrelas”.

Protexido da tensión da contaminación lumínica e caracterizado pola limpeza do seu ceo, o Concello de Covelo recibe a centos de visitantes cada ano que gozan de actividades nas que aprender e tamén deixar voar a imaxinación.

Ceos despexados, excelente claridade e a transparencia do aire son as condicións fundamentais requeridas para as observacións astronómicas e as actividades de turismo estelar que deben contan con ingredientes tan imperceptibles pero fundamentais como o brillo do ceo, a nitidez (seeing), a transparencia e a cobertura de nubes (tempo útil).

As persoas interesadas deberán inscribirse no número de teléfono 654 500 652 ao ser esta unha actividade con prazas limitadas. O grupo gozará tamén dun petisco e a organización infroma que poderá verse aprazada a actividade por cuestións meteorolóxicas. A programación de actividades de promoción turística e cultural do Concello de Covelo conta co apoio da Deputación de Pontevedra.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.