
Ponteareas | Este 31 de maio a Corporación Municipal de Ponteareas inaugurou oficialmente as festas do Corpus 2026 con Rafael Carracedo, músico da Guardia Real con raíces en Guláns, como pregoeiro e dous novos fillos predilectos para a vila: Borja Gómez Méndez, ciclista e alfombreiro; e Alfonso Pexegueiro, escritor, poeta, unha das voces máis luminosas da literatura galega contemporánea.

Durante o seu discurso, Carracedo afirmou que “o Corpus de Ponteareas non só flores sobre o asfalto. É a afirmación de que aquí hai unha cultura, unha lingua, unha forma de estar no mundo”. Así, o Corpus, Festa de Interese Turístico Internacional e Ben de Interese Cultural, prepárase para a súa “noite grande” coa expresión das alfombras o sábado 6 e domingo 7 de xuño.




