O Coro Xuvenil “Cantemos” estará no Certame Internacional de Habaneras de Torrevieja

Por primeira vez, unha coral xuvenil galega participa neste prestixioso certame internacional ao que tan só están convidadas pola organización oito agrupacións chegadas de España, Ucrania, Rusia e Eslovaquia

Ponteareas | O Auditorio Municipal de Ponteareas acolleu, o pasado sábado o concerto coral no que participaron o Coro Xuvenil Cantemos, o Obradoiro Vocal A Vila e Voces do Arrieiro. O evento foi presentado na Casa Consistorial de Ponteareas polo alcalde, ao que acompañaban a concelleira de Cultura, o presidente do Obradoiro Vocal A Vila, ao que pertence o Coro Xuvenil Cantemos, a Directora do Coro Xuvenil e a responsable do coro infantil.

“É unha satisfacción para todas e todos que o Coro Xuvenil Cantemos represente a Ponteareas e a Galicia nun concurso de habaneras con tanta tradición e proxección como o de Torrevieja. Desexámoslle o maior dos éxitos”, manifestou o alcalde.

O Certame Xuvenil de Habaneras de Torrevieja, que celebra este ano o seu XXIII certame. é un dos de máis soa internacional no que ao canto coral fai referencia “e ao que, por primeira vez, a organización convida a un coro xuvenil galego e de Ponteareas, como é o Coro Xuvenil Cantemos”.

Da importancia da participación do Cantemos neste certame fala o feito que, por unha banda, nel tan só se pode participar por invitación expresa da Organización que busca entre as formacións corais de toda Europa, por medio dunha Comisión Técnica formada por expertos en canto coral, aquelas que pola súa calidade merecen estar no escenario de Torrevieja os días 28 e 29 de abril.

Non se pode esquencer que a este Certame Xuvenil de Habaneras de Torrevieja foron convidadas tan só oito formacións corais (catro do Estado Español e outras catro chegadas de Ucrania, Eslovaquia, Rusia e Colombia), e que por primeira vez un coro xuvenil galego recibe invitación para participar.

“É un orgullo termos esta participación porque é un recoñecemento, un premio, polo traballo feito durante estes catro anos desde que dentro do Obradoiro Vocal ‘A Vila” fundamos O Coro Xuvenil “Cantemos” para crear canteira na música cora” .explica o representante da coral Antonio Reirís, que remarcou o seu agradecemento á participación da veciñanza de Ponteareas, que esgotou as entradas para o concerto organizado para recadar fondos para a viaxe a Torrevieja.

Cantemos compartirá escenario coas corais In Crescendo OMP de Valencia; Angelus IEC Misericordias de Soledad de Barranquilla (Colombia); Coro Prolisok, de Rivne (Ucrania); coro Encanto, de Griñón, Madrid; AvroraChildren’sChoir de Moscú (Rusia); Pro Musica Magnolia Chindren’sChoir de Michalovce (Eslovaquia) e o Coro do Colexio Entreolivos de Dos Hermanas (Sevilla).
A concelleira de Cultura do Concello de Ponteareas, Hortensia Bautista, amosaba “o orgullo que supón para Ponteareas contar con representación nunha das citas internacionais de máis sona no que ao canto coral de Habaneras, fai referencia” e expresaba o “firme apoio” do seu departamento “coas diversas manifestacións culturais da Vila do Tea.

Non debemos esquencer, sen embargo, que xa no ano 1980 a Coral Polifónica do sportivo de Ponteareas foi premiada no apartado de POLIFONÍA coa interpretación de “Soon ah will be done”, de Levi dawson.