• Segue conectado
  • |

Gratuidade do ensino de 0 a 3 anos para o próximo curso coa reforma do regulamento das escolas infantís

Representantes do Goberno local e Marea Atlántica reuníronse esta mañá para acordar os cambios na normativa que beneficiará a 829 nenas e nenos das nove escolas da cidade

A Coruña | O Goberno local garantiu hoxe a gratuidade do ensino de 0 a 3 anos nas escolas infantís municipais para o próximo curso 2020-2021 coa posta en marcha da modificación do regulamento local das escolas infantís. Un trámite, lembrou o edil de Educación, Jesús Celemín, “que deberá ser aprobado polo Pleno”. Esta medida beneficiará a preto dos 829 nenas e nenos que asisten a algún dos nove centros de titularidade municipal (a escola de Padre Rubinos está xestionada pola entidade a través dun convenio co Concello).

Para sacar adiante a reforma do regulamento, esta mañá reuníronse en María Pita representantes do Goberno local e de Marea Atlántica, xa que esta medida forma parte da axenda social pactada entre ambas as formacións no acordo programático asinado no mes de xullo. O edil de Educación cualificou este encontro de “moi frutífero”, xa que permitirá avanzar no estudo das distintas propostas “que se analizarán con máis detalles nos próximos días para as incluír nun novo regulamento que deberá estar listo en marzo”.

Ademais da reforma do regulamento, é imprescindible contar cunha partida económica que xa aparece reflectida nos orzamentos para este ano. Tal e como expuxo o portavoz, José Manuel Lage, o Goberno local destinará 479.000 euros a garantir a gratuidade “primando os criterios de renda pensando nas familias que teñen menos recursos”.

“A educación de 0 a 3 anos é moi relevante e debe ser de calidade”, explicou o voceiro, quen tamén incidiu na necesidade de favorecer a conciliación familiar. Esta iniciativa, resaltou o portavoz municipal, é un “claro exemplo” da aposta do Goberno de Inés Rey polas políticas sociais, “un cambio substancial, un paso adiante moi significativo no ámbito social e educativo da cidade”.

Publicado o 21 Xan 2020 en A Coruña, Educación, Portada.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies