O concello do Porriño a contra a violencia Machista durante o estado de alarma

A Concellería de Igualdade informa que o Concello de O Porriño vencellouse ao Plan de Continxencia contra a violencia machista, activado polo Goberno Central debido a pandemia do coronavirus e a obriga do confinamento domiciliario.

 

O Porriño | O Concello do Porriño garante que todos os servizos de asistencia integral ás víctimas de violencia contra as mulleres están en funcionamento. No que atinxe ao Concello porriñés, o Centro de Información ás Mulleres (CIM) que atende no número telefónica 986 337 429, e a Policía Local que atende no número 620 40 40 40.

Ademais o Concello faise eco das accións do Plan de Continxencia do Goberno Central establece outras medidas complementarias nestas circunstancias excepcionais que consisten en habilitar un sistema de alerta instantánea mediante mensaxe con xeolocalización que recibirián as fozas e corpos de seguridade; e nun chat-sistema de mensaxería urxente de contención e asistencia psicolóxica en situación de permanencia en domicilios que xestiona a Administración Central.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!