• Segue conectado
  • |

O Concello dispón xa de 6,5 millóns para executar obras pendentes na cidade

O edil de Economía e Facenda, José Manuel Lage, formalizou esta semana co Banco Sabadell a firma do contrato dun crédito de 6,5 millóns de euros que sirve para poñer en marcha actuacións moi necesarias e demandadas polos cidadáns

A Coruña | O portavoz do Goberno local e concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, Jose Manuel Lage, formalizou esta semana co Banco Sabadell a firma dunha contrato de crédito de 6.505.000 euros que serve para reactivar a licitación de obra pública na cidade despois dun tempo de certa parálise, e permite ao Goberno local executar unha serie de obras moi necesarias e demandadas polos veciños.

O préstamo permite desenvolver distintos proxectos do programa EIDUS

O edil de Economía destacou que “é fundamental impulsar a contratación pública e esta operación permitirá reactivar a economía local, e ao mesmo tempo vai posibilitar atender a vellas demandas dos barrios da nosa cidade”.

Con esta operación de crédito dáselle impulso dende o goberno local a un bo número de proxectos que estaban parados e que foran incluidos na última modificación dos orzamentos do pasado mandato.

O gobernó local no seu primeiro mes de mandato reactivou as xestións que quedaran pendentes do mandato anterior e a Xunta de Goberno Local deulle o visto e prace o pasado día 3 de setembro.

Lage sinalou que “a partida máis importante, máis de dous millóns de euros, dedicarase a finalizar o complexo deportivo do Castrillón. Este investimento permitirá concluír a construción e dotar ao centro do equipamento necesario para a posta en funcionamento da área de seco e a piscina climatizada.”

Parte dos fondos, entorno a medio millón de euros, destinaranse á achega municipal aos proxectos incluídos no programa EIDUS que son cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) da Unión Europea. Nestas actuacións foi clave a participación da cidadanía, das organizacións, de entidades públicas e privadas, e de todos os axentes sociais. Realizaranse obras no espazo público do Mercado de San Agustín cun investimento de 134.515,91 euros. Tamén se poñerá en marcha un plan de humanización e naturalización do paseo marítimo, 100.000 euros, e a construción dun acceso peonil desde Ou Birloque ao polígono de Pocomaco que terá unha partida de 41.400 euros.

O goberno, dentro do Plan EIDUS, eliminará barreiras arquitectónicas e mellorará o espazo público no ámbito de Pepri e reordenará o tráfico na rúa Severo Ochoa onde tamén se realizarán obras de urbanización para dar maior protagonismo ós peóns.

Os xardíns históricos da cidade terán o seu oco nestas licitacións. Está previsto un plan de mellora en Azcárraga, San Carlos e a Rosaleda de Méndez Núñez; e outro para a dotar de maior accesibilidade as praias do Orzán, Oza, Portiño, Lapas e Béns. Na lista inclúense partidas para iniciar as reformas dos mercados de Santa Lucía, Monte Alto, 132.731,41 euros, e o de Adormideras, este último dentro do plan EIDUS, por valor de 229.347,27 euros.

Por outra banda, o Goberno local que lidera Inés Rey ten previsto con cargo a esta operación de crédito acometer outros proxectos valorados en máis de 1,2 millóns de euros.

Entre estas actuaciòns destaca a creación de puntos limpos de proximidade, a instalación ou reforma de zonas de xogos infantís no complexo deportivo de Elviña, na praza de Tabacos e Nostián, así como nas urbanizacións Valaire e Breogán. O pproxecto e comporta en colector de Riazor na zona Edar Béns, a construción de beirarrúas na avenida San Cristobo entre O Birloque e Matogrande, a finalización das obras de recollida de pluviais en Nostián, a iluminación do obelisco Milenium, a rehabilitación das fontes tradicionais de Eiris, así como a instalación dun circuíto de running e canastras de baloncesto no parque de Santa Margarita, dun rocódromo ao aire libre no parque de Béns e desfibriladores nos edificios municipais son algunhas das actuacións que se poderán realizar con cargo a este préstamo.

Publicado o 7 Set 2019 en A Coruña, Portada, Urbanismo.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies