O Concello de Tomiño organiza un obradoiro de risoterapia para mulleres

O obradoiro contará de 3 sesións e está coordinado dende a Oficina de Igualdade.

O Concello de Tomiño celebra estos días un obradoiro de risoterapia organizado dende a Oficina de Igualdade. O obradoiro consta de 3 sesións de 2 horas cada unha nas que 31 mulleres de entre 30 e 65 anos coñecerán ferramentas que lles faciliten entender e afrontar a vida dun xeito máis positivo.

A risoterapia é un tipo de terapia de facilita entre outras cousas dispor de coñecementos e destrezas para eliminar bloqueos emocionais, físicos e mentais e axuda, tamén, a fortalecer o sistema inmunolóxico así como reducir o estrés, aliviar síntomas de ansiedade e depresión, aumentar o pensamento creativo e resolución de problemas e reducir a ansiedade interpersoal e favorecer a comunicación positiva.

O obradoiro ten tido moito éxito entre as mulleres que xa teñen demandado un novo obradoiro destas características. De feito estas 31 mulleres foron admitidas de entre un número maior de demandantes, que por razóns de límite de prazas non puido admitir a todas. Dende a Oficina de Igualdade están moi satisfeitos con esta actividade que sendo tan sinxela proporciona tantas melloras entre as alumnas.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, calificaba de “fructíferas este tipo de iniciativas que a pesar de parecer irrelevante, proporciona alegría, seguridade e mellora a calidade de vida dos usuarios.”.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!