O concello de Salvaterra crea un grupo de voluntariado para facer mascarillas

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra crea un grupo de voluntariado para coser mascarillas que serán repartidas entre todos os veciños e veciñas do municipio.

O tecido co cal se confeccionaran as mascarillas será adquirido coa aportación da  Alcaldesa, dentro do 30% de achega que van facer os Concelleiros de Salvaterra con dedicación para a loita contra o COVID-19 no noso municipio, e serán repartidos entre todos os voluntarios que se adhiran a esta campaña, para posteriormente repartirse entre os veciños e veciñas das diferentes parroquias.

As mascarillas que se entregarán son lavables, a temperatura de 60 a 90 grados, recomendando lavalas con frecuencia.

O uso de mascarillas non implica que se esquezan de adoptar as demais recomendacións como lavar as mans frecuentemente con auga e xabón ou utilizar solución hidroalcohólica, evitar tocar os ollos, o nariz e a boca e manter a distancia de seguridade.

Dende o Concello recordan tamén que se pon a disposición de todas aquelas persoas de risco que teñan que desprazarse ao hospital mascarillas quirúrxicas, chamando ao 697 911 050 en horario de 9.00 a 13.00h