O concello de Arbo pon en marcha as escolas deportivas provinciais “Deporte Escolas”

Contará coa colaboración da Deputación Provincial e a ANPA e arrancará coas actividades de patinaxe e baloncesto

Arbo | As actividades ofertadas van destinadas para os nenos de Arbo, con idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos e son gratuítas.

A solicitude de inscrición para os nenos escolarizados no CEIP Antonio Carpintero, unha vez cuberta, entregarase no colexio.

Prazo de presentación de solicitudes
Abriranse dous prazos para a presentación de solicitudes:

1.o prazo: do 16 ao 30 de setembro de 2019
2.o prazo: do 4 de novembro de 2019 ao 13 de xaneiro de 2020

Os nenos non escolarizados no CEIP Antonio Carpinteiro que queiran participar, poderán solicitar e presentar a inscrición no Concello de Arbo.

Coa solicitude deberá acompañarse copia do libro de familia.