• Segue conectado
  • |

O Concello da Guarda agradece as doazóns de material e informa da desinfección de espazos municipais

A Guarda | Mascarillas, luvas de látex ou equipos de teleasistencia foron doados ao Concello da Guarda por parte de empresas locais para o seu uso na prevención contra o coronavirus.
Concello da Guarda recorda extremar as precaucións e pide, especialmente aos grupos de risco, que eviten as saídas da casa e que se precisan calquera cousa que contacten cos Servizos Sociais.
Concello establece quendas para a limpeza e desinfección de espazos municipais.

O Concello da Guarda quere expresar publicamente o agradecemento á solidariedade das diferentes empresas do municipio que están colaborando na doazón de diverso material para o seu uso na prevención contra o coronavirus por parte da Policía Local, GES, Servizos Sociais e o Servizo de Axuda no Fogar. Entre o material doado atópanse equipos de teleasistencia, mascarillas ou luvas de látex, material para facer fronte e previr o contaxio do persoal que presta nestes intres servizos públicos.

A Comisión Municipal de Seguimento da evolución do COVID-19 quere facer un chamamento rotundo á poboación, “NON se pode saír da casa, hai que evitar, na medida do posible, todas as saídas e as probabilidades de contaxio, para vencer deste xeito ao coronavirus e que non se estenda máis”.

Recórdase que o grupo de risco, formado por persoas de avanzada idade ou persoas con patoloxías complexas e problemas de saúde, son as que deben de evitar a toda costa saír dos seus fogares, e é por iso que, dende o Concello, se pon a disposición deles os Servizos Sociais municipais (horario de 9 a 14 h no teléfono 986 61 45 07) e a colaboración do GES en tarefas de Protección Civil (620 89 09 02), para todas as xestións e tarefas que precisen como: facer a compra, ir á farmacia, entre outras.

Os corpos e forzas de seguridade do estado, así coma o persoal sanitario, de emerxencias e persoal municipal están facendo unha labor moi importante para manter a seguridade de todos e velar pola nosa saúde, pero advirten constantemente da presenza nas rúas de persoas dos grupos de risco e, “isto non se pode consentir”, é tarefa de todos evitar novos contaxios e a propagación do coronavirus, “por favor, queda na túa casa”.
O Concello da Guarda ten adoptado medidas en canto á limpeza de espazos públicos e municipais, na xornada deste sábado están previstas varias accións neste senso coma por exemplo as limpezas e desinfección completa da Praza de Abastos Municipal, das instalacións da Policía Local e do GES.

Publicado o 21 Mar 2020 en A Guarda, Portada, Sanidade.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies