• Segue conectado
  • |

O concello da Coruña habilitará un carril específico para correr sobre as vías do tranvía

A nova senda, que irá desde Os Surfistas ata As Escravas, instalarase a próxima semana co fin de desconxestionar o Paseo Marítimo e o carril bici


A Coruña | A alcaldesa, Inés Rey, anunciou esta mañá que o Concello habilitará nos próximos días un carril específico para corredoras e corredores desde a Fonte dos Surfistas ata As Escravas. A nova senda instalarase sobre as vías do tranvía, a carón do xardín, cun asfalto resistente á erosión do mar
e específico para correr.

“Seguimos traballando no cambio de modelo da mobilidade na nosa cidade”,asegurou Rey, quen lembrou a “declaración de Cidade 30 que se asinou esta semana, así como todas as melloras na mobilidade peonil da Coruña nos últimos meses” e que “o Goberno local está traballando no regulamento dos VMP”.

A rexedora explicou que “o obxectivo é desconxestionar o carril bici e o Paseo Marítimo” e, matizou, “polo de agora manterase o carril provisional” que se habilitou para facilitar a mobilidade peonil durante a desescalada.

A próxima semana, a Área de Infraestruturas comezará a instalar esta nova senda, unha acción que se enmarca dentro do plan de renovación do Paseo Marítimo. Ademais, a alcaldesa lembrou que “o proxecto de rexeneración do Paseo entre o Castelo de San Antón e Durmideiras, que xa se está redactando e que se licitará este ano, tamén contará cun carril específico para correr”.

Dese o Concello explican que a creación deste carril non implica a eliminación da infraestrutura do tranvía, senón que esta se tapará para que este espazo poida ser aproveitado pola veciñanza e para evitar problemas de seguridade, unha iniciativa que estará en activo, polo menos, ata que haxa unha decisión acordada sobre a utilidade e a rendibilidade das vías do tranvía.

Publicado o 22 Mai 2020 en A Coruña, Benestar Social, Portada.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies