O Concello adquire un vehículo para Protección Civil e Medio Ambiente

Ao abeiro das achegas do Fondo de Compensación ambiental

Tui | En días pasados o Concello de Tui recepcionou definitivamente un vehículo todo terreo adquirido recentemente para prestar servizo en materia de medio ambiente e para labores de Protección Civil. A compra deste vehículo realizouse ao abeiro dunha achega do Fondo de Compensación ambiental da Xunta de Galicia.
Trátase dun Vehículo Ford Ranger/2AB/QJ2R4P – dobre cabina XL TDCI 4×4 150 CV. de 6 v. Man., cor branco, con gancho de remolque, e con combustible diesel. Polas súas características este novo vehículo está indicado para realizar desprazamentos por paraxes naturais ou de certa dificultade de circulación.