O CN Ponteareas, campión Galego Máster

Na competición autonómica celebrada este 2 e 3 de xuño en Ourense

Ponteareas | O CN Ponteareas acadou o título de campión Galego Máster (conxunto e feminino) na cita autonómca que se celebrou os pasados días 2 e 3 de xuño na piscina Rosario Dueñas de Ourense.

No evento batíronse un total de 141 récords galegos individuáis e 30 en remudas.

Desde xeito, a sección máster do club do condado fíxose nesta tempada cos títulos de campión de liga e tamén cos dous campionatos galegos, inverno e Verán.

Os deportistas da vila do Tea teñen a vindeira cita importante precisamente nas augas do río Tea, onde se vai disputar o campionato galego de augas abertas, o sábado 10 de xuño, coincidindo cos actos da festividade do Corpus Christi.

Clasificación conxunta:

1º CN Ponteareas 1.588,5 puntos
2º CN Portamiñá Lugo 1.462 puntos
3º CN Pabellón Ourense con 1.357 puntos
Clasificación feminina

1º CN Ponteareas
2º CN Portamiñá Lugo
3º CN Vigo Rías Baixas
Clasificación masculina

1º CN Pabellón Ourense
2º CN Escualos
3° CN Portamiñá Lugo