O Club Faro coñeceu a historia de Alejandro Viana, o “Schindler galego”

A través da obra escrita por Roberto Mera

Vigo | O avogado e concelleiro por Ponteareas Roberto Mera Covas presentou este 13 de xuño a través dunha conferencia-proxección no Club Faro o seu libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”, que narra a historia do seu tío bisavó como artífice do labor humanitario dende Francia para salvar a refuxiados republicanos que fuxían da guerra civil española.

O acto foi presentado por Edurne Baines, directora de Belagua Ediciones, e o concelleiro por Vigo e deputado provincial Carlos López Font, contando ó mesmo tempo cunha nutrida asistencia de público.

Mera fixo un repaso histórico da vida de Alejandro Viana, considerado como o “Schindler galego”, tanto nas súas orixes en Ponteareas como a través do seu labor empresarial e político en Vigo e tamén como representante elixido pola Fronte Popular nos comicios de 1936. Por mor da guerra civil española, veuse na obriga de refuxiarse en Francia, onde organizou unha trintena de expedicións marítimas colectivas para que miles de refuxiados políticos españois puideran exiliarse en diversos países americanos, principalmente México, onde o propio Viana tamén exiliouse e morreu en 1952.

Mera afirmou que, coa ocupación alemán de Francia a partir de maio de 1940, “Viana arriscou a súa vida para continuar axudando aos exiliados” ata que debeu fuxir dese país, “acosado pola Gestapo alemá e a Falanxe española”.

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.