“O BNG está a alza e por onde pasa deixa a súa pegada”

César Gil Bernárdez | Novo alcalde de Mondariz Balneario polo BNG

Tras catro décadas de goberno do PP, Mondariz Balneario deu un volco histórico este 28M cun goberno do BNG con maioría, obtendo 5 dos 7 concelleiros da Corporación Municipal. O seu novo alcalde, César Gil Bernárdez (1992) aposta pola recuperación da convivencia social, o turismo, o deporte e o patrimonio local.

Acaba de pór fin a 40 anos de gobernos do PP en Mondariz Balneario. Cales son as súas prioridades nesta nova etapa?
As nosas prioridades son: recuperación da convivencia social, dinamización social, cultural e deportiva da nosa vila; potenciar noso comercio local e polo en valor; potenciar o noso turismo con diferentes vías; recuperar e posta en valor do noso patrimonio material e inmaterial.

O asunto da EDAR con Mondariz. Cómo pensa resolvelo?
O primeiro que temos que facer e recuperar relacións e se os dous Concellos queremos solucionar este problema, non tardaremos en pornos dacordo.

Nun momento falouse da posibilidade de fusión municipal coa veciña Mondariz. Ve viable esta iniciativa?
Non; por parte de Mondariz Balneario non.

Tamén está a situación do Hotel Roma e as denuncias da plataforma SOS Fonte de Troncoso. Cómo afrontará o seu goberno este problemática urbana e patrimonial?
Nós imos abrir dialogo con propietarios, administracións e outros entes para recuperalos e darlle diversos usos.

Este 28M, o BNG deu un impulso electoral importante. Podemos agardar un goberno nacionalista na Xunta para 2024?
Estou convencido de que así será. O BNG está a alza e por onde pasa deixa a súa pegada.

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.