O “avó de Oia”, Abel Diego Acevedo, celebrou o seu 101 aniversario

Leva máis de 70 anos casado e ten 2 fillos, 5 netos e 4 bisnetos

Oia | O home de maior idade de Oia, Abel Diego Acevedo, cumpriu esta fin de semana os 101 anos cheo de saúde e ledicia. Natural de Acevedo (Loureza), este veciño de Burgueira celebrou esta data tan especial na compañía dos seus seres queridos.

A alcaldesa, Cristina Correa, e máis a tenente de alcalde, Carmen María Estévez, visitaron na tarde do sábado ao “avó de Oia” para felicitalo polo seu 101 aniversario e facerlle entrega dunha torta. Neste día de celebración, as representantes do Concello transmitíronlle o agarimo e bos desexos de toda a veciñanza.

Despois dunha vida de traballo, esforzo e sacrificio, Abel explicoulles ás representantes municipais que unha das cousas coas que máis desfruta agora é escoitar a misa dos domingos pola radio.

Con tantas vivencias acumuladas ao longo da súa vida, Abel tampouco ten queixa da súa saúde. “Imos indo”, asegura, contento no seu día de celebración e homenaxe rodeado da súa familia (leva máis de 70 anos casado e ten 2 fillos, 5 netos e 4 bisnetos).

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos