O autor de cómic Dani Montero estará no club “Lecturas Debuxadas” de Gondomar

Gondomar | O martes 28 de febreiro a asociación Espazo Lectura organiza a sesión mensual do club de cómic Lecturas Debuxadas coa visita de Dani Montero, autor de Sen mirar atrás (Demo Editorial 2010), banda deseñada proposta como lectura do mes.

A sesión comezará ás 20:00 horas na Biblioteca de Gondomar e Dani Montero unirase á tertulia a partir das 21:00.

O cómic
Unha ruptura leva a Xaime a cortar as súas ataduras e empezar desde cero, iniciando unha viaxe sen retorno cara a unha vida diferente. Acompañado polo seu can e con máis nada ca unha mochila. A experiencia que lle espera irá máis alá do imaxinable. Este é o tráiler da edición en castelán:

O autor
Dani Montero gañou a edición 2009 do premio Castelao de banda deseñada, convocado pola Deputación da Coruña, coa obra Sen mirar atrás.
Logo de rematar os seus estudos de Belas Artes na Escola Pablo Picasso, Dani Montero, colabora cos fanzines Alopecia Mental e Chámalle X. Ganador de múltiples premios fóra e dentro da xeografía galega, tamén traballou no departamento de arte de Dygra Films, producindo películas en 3D.

Na actualidade, traballa no seu estudo como ilustrador, sendo o premio Castelao -segundo as súas palabras- un grande incentivo para seguir producindo cómics.