O autobús de Coidados Porta a Porta chega a Mos

Durante tres días atendendo de maneira gratuíta

Mos | O autobús de Coidados Porta a Porta chega a Mos para ofrecer servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria aos maiores.

Estará durante tres días atendendo de maneira gratuíta ás persoas maiores de 55 anos. Serán os vindeiros 10, 11 e 12 de maio en horario de 09.00 horas a 20.00 horas no Multiusos das Pozas.

O autobús de Coidados Porta a Porta, promovido pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, ofrecerá servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria ás persoas maiores da localidade de maneira gratuíta.

O programa Coidados Porta a Porta, posto en marcha pola Consellería de Política Social, leva xa atendido a numerosas persoas en diferentes localizacións das catro provincias da xeografía galega.

En cada un dos concellos polos que pasa, este autobús permanece tres días ofrecendo servizos destinados aos maiores de 55 anos.

Para acudir é necesario solicitar cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaporta.politicasocial@xunta.gal

A Xunta de Galicia investirá 10 millóns de euros nesta iniciativa pioneira, que permitirá achegar a todos os galegos revisións e valoracións auditivas; atención podológica para prevención, diagnose e tratamento das principais patoloxías dos pés.

Tamén realización de probas de valoración cognitiva ou exercicios de estimulación para a prevención de Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.

Outros artigos