O arcebispo de Oviedo recibe homenaxe de galegos en Asturias

Entregóuselle a insignia de ouro e o carné de honra da Asociación Día de Galicia

Oviedo | A Asociación Día de Galicia en Asturias entregou a insignia de ouro e o carné de socio de honra a Jesús Sanz Montes, arcebispo de Oviedo. Os actos do colectivo celébranse anualmente no mes de setembro pero en 2022 o arcebispo non puido asistir aos actos polo que se organizou un especial para él en marzo de 2023.

Acudiron ao restaurante A Costana de Granda (en Siero) 120 persoas. Asistiron Alfredo Canteli, alcalde de Oviedo; Carlos Paniceres, presidente da Cámara de Comercio carbayona e Pablo Junceda, director xeneral adxunto de Banco Sabadell.

O arcebispo sinalou que “o primeiro irmandamento con Galicia fíxoo o ovetense Alfonso II cando peregrinou a Santiago de Compostela”. Cando Manuel Fernández Quevedo, presidente do colectivo galego, entregou os galardóns a Sanz Montes, éste sinalou que non fixera méritos para recibilos.

“Espero que non sexa unha escusa previa para un traslado a Santiago porque quero seguir moito tempo en Oviedo”. Alfreco Canteli referíuse ao homenaxeado como “unha persoa entrañable”. Foto de Pablo Entrialgo Sánchez.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.