O alcalde recibiu á directiva do Liceo de Ourense

A asociación faloulle sobre as necesidades e posibles colaboracións

Ourense | Esta mañá tivo lugar unha reunión institucional do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, cunha representación da directiva do Liceo de Ourense. A asociación achegoulle a necesidade de seguir contando coa colaboración do Concello de Ourense e debatiu sobre as súas necesidades.

O Liceo de Ourense é unha entidade cultural que, ademais de dar un servizo ás persoas asociadas, que o manteñen coas súa cotas, alberga de maneira gratuíta unha serie de entidades culturais e benéficas que non terían medios para estaren noutro local: a Coral do Liceo, a Sociedade Micolóxica Os Cogordos, a Sociedade Filatélica e Numismática Miño, a Asociación contra o cancro, e a ONG Valores, entre outras.

A directiva informou ó rexedor dos actos e actividades que desenvolven ao longo do ano, salientando que abre ininterrompidamente da mañá á noite, todos os días do ano, o que permite que moitas das persoas socias de avanzada idade poidan ter un espazo de socialización permanente.

Durante o ano 2023 foron un total de 431 actividades que supuxeron un movemento en torno ás 50.000 persoas.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.