O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, renuncia por razóns de saúde

Deberá celebrarse unha sesión de investidura nos vindeiros días para elixir a súa sucesión

Ponteareas | O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, renunciou no día de hoxe ao seu cargo por razóns de saúde. Dende o pasado mes de decembro, Cristina F. Davila (BNG) viña ocupando a alcaldía como consecuencia da baixa de Represas por enfermidade. A renuncia de Represas conleva a celebración nos vindeiros días dunha sesión de investidura para a elección de novo alcalde ou alcaldesa.

O Goberno Local do BNG e PSOE desexou ao alcalde a súa recuperación e transmitíronlle o seu ánimo e o seu afecto nestes intres complicados.