Novela negra no “sete vidas” de xaneiro

O autor da novela, Miguel Anxo Fernández, achegarase á biblioteca a partir das 21:00 horas para falar cos lectores e lectoras

O martes 10 celébrase a sesión de xaneiro do club Sete Vidas centrada na lectura da novela Lume de cobiza (Galaxia, 2011), do escritor galego Miguel Anxo Fernández. A cita será a partir das 20.00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar. Contaremos coa presenza do autor do libro.

O libro
Un novo caso do detective Frank Soutelo, desta volta en Galicia. Logo da súa peripecia de sabuxos nos depravados ambientes de Hollywood, Frank Soutelo regresa para afrontar o seu primeiro caso en Galicia. Un mozo acaba de morrer e a súa familia sospeita que o pasamento foi inducido. Coa axuda do ex-garda civil Poncio e da moza Dalia Maxino, Soutelo rematará por mergullarse no mundo do ladrillo e da especulación, entre a vaga de lumes que arrasa o país no verán de 2006.
Sen esquecer o humor, Miguel Anxo Fernández aborda nesta novela un dos asuntos máis controvertidos da actualidade.

O autor
Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955). Investigador e teórico cinematográfico, está vencellado desde finais dos anos setenta ao desenvolvemento do audiovisual galego, labor polo que se lle concedeu o Premio de Honra Fernando Rey no 2001. Profesor de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo, exerce a crítica diaria de cinema e televisión en La Voz de Galicia, ademais de colaborar no Diario Cultural (Radio Galega) e en Planeta Cine (TVG). Entre a súa obra especializada destacan Carlos Velo. Cine e exilio (1996), As imaxes de Carlos Velo (2001, Premio Sempre en Galiza), Las imágenes de Carlos Velo (UNAM, México, 2007), A Bela Otero, pioneira do cine (2002, Premio Chano Piñeiro), Rodado en Galicia (2005) e Os amigos de Chano Piñeiro (2007, ed.). No eido da ficción publicou O sabre do francés (2002) e Capitol, última sesión (2004), ademáis da triloxía sobre o detective Frank Soutelo, formada por Un nicho para Marilyn (2002, Premio García Barros), Luar no inferno (2006) e Tres disparos e dous friames (2008).