Novas estratexias de acción do programa Eixo Leader 2014-2020

NDEA_ Inaug sede Cogami Navia 9 de marzo 2016

Tomiño | O grupo de desenvolvemento rural AGDR 14 MAIV-Baixo Miño, formado polos concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Soutomaior, Tui e Tomiño (uns 145.000 habitantes), prepara xa o documento coas estratexias de acción que presentará á convocatoria 2014-2020 do programa europeo Eixo Leader. As liñas estratéxicas serán presentadas dentro de catro meses para a súa valoración e aprobación, segundo informou a alcaldesa de Tomiño e presidenta do AGDR 14

De ser aprobada, esta nova estratexia de desenvolvemento local, daría continuidade aos programas Leader anteriores tales como a iniciativa experimental (Leader I), pasando polos programas Leader II e Leader Plus, ata consolidarse no período 2007-2013 coma o eixe 4 do PDR de Galicia (Plan de Desenvolvemento Rural).

Estas accións vén a dar resposta ao acordo do 10 de febreiro de 2016, polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente proceso de selección.

Dase a circunstancia de que os fondos dispoñibles para este novo tramo do programa sufriron unha drástica redución do 40% respecto do proxecto anterior, ascendendo agora a 84 millóns de euros, dos cales poderían corresponderlle ao AGDR 14 entre 3 e 5 millóns para financiar iniciativas de mellora do nivel de vida no rural, fomento da actividad empresarial, xeración de emprego e riqueza, valorización do patrimonio cultural e natural, etc.

Deste xeito, a Xunta directiva do grupo MAIV-Baixo Miño, presidida pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, celebrou unha reunión en Mos a comezos desta semana, co fin de proceder á contratación de dous técnicos, encargados de elaborar as liñas de acción que se presentarán á convocatoria do programa dentro duns meses.
Unha novidade desta nova convocatoria é que quedan excluídos os núcleos urbanos de máis de 6000 habitantes.
O último gran investimento do Leader

Onte foi inaugurada a nova sede para formación e orientación laboral da Confederación Gallega de Personas con Discapacidad (Cogam. Esta obra, cun investimento de máis de 600.000 euros, (Agader achegou 250.000), constitúe o derradeiro gran proxecto cofinanciado polo AGDR no seu programa 2008-2013.