Novas actividades no Centro Social do Maior de Leirado en Salvaterra

Con Ximnasia, Memoria, Pilates, Internet, Restauración, Pintura, entre outros
O Concello de Salvaterra de Miño mantén o seu empeño e compromiso de manter e dotar de vida as instalacións públicas. Propietario da foto: ZoomPontevedra.

Salvaterra de Miño | Volven as actividades de dinamización no Centro Social do Maior, ubicado na parroquia de Leirado. Este edificio, onde se ubicaba o antigo consultorio médico, foi rehabilitado por este grupo de goberno co fin de dotar dun espazo exclusivo aos nosos maiores, un espazo onde poidan convivir, realizar actividades e socializar.

Dentro desta liña de traballo o concello mantén o seu empeño e compromiso de manter e dotar de vida as instalacións públicas, e neste senso de facer desta instalación un ambiente de ocio, aprendizaxe, comunicación, socialización e outros beneficios psicosociais para a/os nosa/os maiores.

É por iso que O Concello de Salvaterra  ven de sacar un listado de novos cursos e actividades de diversa índole, que se levarán a cabo no Centro durante os meses de marzo a Decembro do 2022.

Ximnasia, Memoria, Pilates, Internet, Restauración, Pintura, entre outr@s, son algunhas das actividades propostas para facer as ledicias da/os usuaria/os deste novo espazo. Para participar nas diferentes actividades ofertadas polo Concello de Salvaterra de Miño no Centro Social do Maior, só tes que inscribirte en animacionenredos@gmail.com ou no teléfono 644 896 840 / 986 658 126  ou en información no Concello.

Outros artigos