Nova pista de skate no Parque da Compañía de Monforte

Cunha superficie duns 253 m2

Monforte de Lemos | O alcalde de Monforte e membros do equipo de goberno, inauguraron a nova pista de Skate de Monforte, que se ubica na parte media do extremo sur do Parque da Compañía. José Tomé destaca que “abrimos ós xóvenes monfortinos e monfortinas da resposta a unha carencia que existía con respecto a este tipo de instalacións na cidade, en concreto a relativa a deportes urbanos. Espero que esta nova oferta de lecer deportivo sexa do agrado dos que levan a cabo a práctica desta disciplina”.

Para a ubicación desta instalación escolleuse un espazo existente dentro do denominado Parque da Compañía, no que en tempos se localizaba unha Rampa U ou medio tubo de Skate, entre o xardín e a pista polideportiva do citado parque. A nova pista de Skate construíuse sobre unha superficie duns 253 m2 e conta cunha combinación de módulos de rampas e tobogáns, así como tubos e railes “grindrails”, que permitirán a realización de gran variedade de trucos ós afeccionados á práctica deste deporte. Todos os módulos axústanse ó disposto pola normativa de instalacións para usuarios de equipos de deportes sobre rodas. Requisitos de seguridade e métodos de ensaio. Ademais, acondicionáronse as marxes da pista coa construción cunha beirarrúa perimetral e procedeuse á recolocación dos seis aparellos de exercicios de musculación existentes, dentro de zona anexa á pista de Skate.

Primeiramente, retiraronse os aparellos de exercicios de musculación existentes no lugar, recolocándoos nas marxes da pista de Skate, trala construción desta. Demoleuse a soleira de formigón existente no lugar, eliminándose a árbore existente próxima á soleira, xa que estaba situada sobre o terreo destinado a ubicar a pista de Skate. Practicouse un rebaixe do terreo da superficie da pista de Skate para a instalación da solera de pavimento de formigón da súa base, de dimensións 23×11 m. e 5 cm. de profundidade, quedando o fondo da zona rebaixada perfectamente perfilado.

Equipamento
En canto ós aparellos de exercicios de musculación, que son seis, colocáronse na súa nova ubicación dentro de zona anexa á pista de Skate, reacondicionada durante a obra. Para iso, realizouse o reformulo das fixacións dos aparellos, abrindo para cada un dos seus puntos de fixación un oco de cimentación de ancho 15×15 cm. e profundidade segundo determina o elemento de fixación, poste ou estrutura de anclaxe, con posterior formigonado de dita fixación colocada aplomada no oco. Finalizando todo coa montaxe definitiva dos aparellos e o acondicionamento da superficie da base do aparello en zahorra, de forma que non queda ó descuberto a cimentación creada.

O gobernó municipal conclúe o alcalde, “segue a levar a cabo obras de mellora nas infraestruturas urbanas da cidade, e neste caso, dotando dun novo equipamento que era moi demandado pola xente nova de Monforte. O compromiso que mantemos cos monfortinos e monfortinas segue a ser firme, e seguiremos apostamos por dotar de novos servizos e infraestruturas á nosa cidade, atendendo ás necesidades de todos os colectivos.”