Nacho Corredor presentou en Ourense o libro “El activismo tranquilo”

Un alegato a favor do entendemento e unha alternativa á crispación actual

Ourense | O PSdeG-PSOE de Ourense organizou unha charla-coloquio co politólogo, escritor e analista político, Nacho Corredor, no Teatro Principal de Ourense, no que se presentou o seu libro “O activismo tranquilo”, un manifesto subxectivo a favor da convivencia. Participaron o secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino; a deputada no Congreso pola provincia, Uxía Tizón, ademais de centos de ourensáns e ourensás.

Nacho Corredor tivo a oportunidade, na última década, de vivir de preto algúns dos acontecementos que marcaron a historia do país, e precisamente desas experiencias nacen as reflexións que recolle neste libro. Destacan entre estes acontecementos o movemento do 15-M, a crise institucional catalá ou as novas dinámicas parlamentarias. “Trátase dunha análise en primeira persoa de alguén que aposta polo respecto ó diferente, dunha reivindicación xeracional, dunha alternativa a crispación e dun alegato a favor do entendemento”, sinalaron os socialistas ourensáns.

Corredor destacou durante a presentación que “El activismo tranquilo” “non é un manifesto filosófico nin unha crónica, senón que trata de animar, dende o análise en primeira persoa e o compromiso político, a seguir mantendo viva a necesidade de loitar pola democracia, nun contexto de crispación extrema e do aumento dunha visión reaccionaria da historia”. O politólogo e analista político afirmou que o libro “é un manifesto a favor da convivencia que tomar partido sen ser partidista, un texto subxectivo a favor da vida en comunidade”.

O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafa Villarino, destaciu que Nacho Corredor “é fundador de varias iniciativas destinadas a fomentar o debate e a compartir o acordo entre perspectivas diferentes que comparten un mesmo fin: construír un proxecto compartido a nivel nacional, europeo e eu diría que ata global, que asegure a convivencia en liberade de quen posúe planteamentos políticos distintos, mais sempre en ton democrático”.

Villarino sinalou que o libro de Corredor “amosa a visión dun millennial, a modo de espello no que se reflicte a súa visión da historia política e social de España dende a Transición ata os nosos días, nunha obra persoal e comprometida que desminte o tópico de que un comunicador, acostumado a ter presenza nos medios de comunicación nacionais, debe ser alleo ó compromiso político”. O líder dos socialistas ourensáns tamén fixo fincapé en que “tomando partido pola socialdemocracia, Nacho Corredor racha dito estereotipo, e aposta pola defensa argumentada da utopía compartida á que debe aspirar unha sociedade mellor”.

A deputada no Congreso polo PSdeG-PSOE de Ourense, Uxía Tizón, lanzou numerosas preguntas e temas de debate a Corredor e fixo fincapé en que Ourense “sempre tivo correlación cos fenómenos literarios, tanto polos autores nados na rexión, como polas diferentes obras que se ambientan nela, o que amosa a extrema riqueza da cidade neste ámbito”. A parlamentaria socialista agradeceu a presenza do autor de “El activismo tranquilo” sinalando que “temos a sorte de contar hoxe contigo para falar do teu libro, de ti, das vivencias que nos narras, pero tamén para poder falar de política, xuventude e de actualidade”.

Tizón tamén puxo o foco en que o libro “expresa, lonxe da equidistancia, unha visión da última década e un compromiso individual para que nas próximas décadas sigamos desenvolvendo o éxito colectivo que supuxo a excepcionalidade da vida democrática no noso pais”. A deputada ourensá destacou dúas reflexións das que segundo dixo “son as ideas clave, como é convivir con quen pensa diferente e que a democracia é algo excepcional”.

Nacho Corredor subliño que a democracia “é unha excepción na historia de España e do mundo e que a súa perpetuidade non está garantida”. Neste senso apuntou ó proceso de integración entre Estados que representa a Unión Europea, ou como o é, non só na historia, senón no mundo, o sistema de benestar europeo, sinalando que “non descubrimos nada novo se advertimos que a orde liberal, o sistema no que máis democracia, liberdade, dereitos, desenvolvemento e benestar houbo na historia, está ameazado e ten os seus inimigos dentro”.