Nace un novo medio dixital en galego: “FútbolinGalicia”

Será presentado no marco do Día das Letras Galegas

Santiago de Compostela | O vindeiro venres, día 17 de maio nace un novo medio de comunicación no panorama autonómico: “Futbolingalicia”, no marco do Día das Letras Galegas e que chega para ser a referencia do fútbol afeccionado e feminino no xornalismo dixital.

Seguindo a esencia do xa contrastado Futbolinlugo, www.futbolingalicia.es albergará un mínimo dun contido exclusivo e de calidade diario. Entrevistas, reportaxes e noticias de interese sobre o fútbol feminino e as categorías masculinas desde a Segunda RFEF á Primeira Galicia.

O equipo está conformado por cinco xornalistas: Carlos Julio González, Carla Vizoso, Ángel Martínez, Marcos Fernández e Santi Real.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.