Nace o BarrAL CulturAL

Unha iniciativa do IES do Barral de Ponteareas no 50 aniversario de Seraogna, de Alfonso Pexegueiro

Ponteareas | O IES do Barral de Ponteareas levará adiante unha semana en que o alumnado será o auténtico artífice e protagonista dunha trintena de actividades ás que poderá asistir quen queira. Esta edición vai centrar boa parte das actividades na conmemoración do 50 aniversario do libro Seraogna da autoría do escritor ponteareán Alfonso Pexegueiro mais tamén outras propostas que non van deixar indiferente o público asistente.

Graffitis, experimentos, viaxes no tempo, xogos, bailes, poesía musicada, roteiros, demostracións con Intelixencia Artificial, obradoiros e exposicións arredor das palabras, as imaxes e as emocións para unha xornada que promete amosar o talento “barraleiro”.

As iniciativas proveñen dende os diferentes departamentos didácticos e dende o equipo da biblioteca. Os días en que se van levar adiante serán entre o 20 e o 27 de abril, durante os que se van desenvolver 15 roteiros aos que van poder ir as alumnas e alumnos do propio centro así como tamén as súas familias. Logo, o venres 24, levarán adiante todas aquelas propostas que teñen preparadas: pola mañá, entre as 12.50 e as 14.30 con todos os grupos da Educación Secundaria Obrigatoria; e, entre as 16 e as 18 horas, co público en xeral. Xa que logo, o IES do Barral convida a todas aquelas persoas a achegarse ao centro para compartir unha experiencia única co seu alumnado.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.