Nace en Vigo a Asociación Mexicanos en Galicia “Chichén Itzá”

Vigo | O Centro Municipal de Bouzas en Vigo foi o escenario este 15 de setembro da presentación da Asociación Mexicanos en Galicia “Chichén Itzá”, a primeira asociación de emigrantes mexicanos oficialmente rexistrada na nosa Comunidade Autónoma.

Esta asociación é presidida por Lucero Dámaso López, emigrante mexicana en Galicia, actualmente profesora na Escola de Idiomas de Vigo. Dámaso López enfatizou na necesidade de creación desta asociación de mexicanos en Galicia, dos seus obxectivos e prioridades de esta entidad a nivel cultural y asociativo, entre os que destacan a ensinanza do idioma galego entre os mexicanos inmigrantes radicados na nosa Comunidade.

No acto de inauguración desta asociación tamén estiveron presentes diversas asociacións de emigrantes radicados en Vigo, así como autoridades e personalidades do seu tecido asociativo local.

O acto de presentación desta asociación coincidiu co 210º aniversario do Grito de Dolores, suceso que conmemora o proceso de independencia de México, acaecido un 15 de septiembre de 1810. O nome da asociación, “Chichén Itzá”, literalmente “boca do pozo dos itzá (os bruxos da auga)”, fai referencia á cultura e identidade do pobo maia.