
Muíños | Muíños celebrou a 36 edición da Festa das Sopas de Burro Canso na capitalidade Mugueimes coa asistencia do director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.
Esta celebración conta desde o ano 2022 coa declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia. A festa forma parte do principal programa festivo do verán de Muíños, xunto coa Festa do Galo Pica no Chan e a Festa do Becerro do Xurés ao Espeto, consolidando a comarca da Baixa Limia como un destino de referencia para quen busca experiencias auténticas vinculadas ao territorio.
A celebración destas citas poñen en valor o produto local, a recuperación da cociña tradicional e a conservación do patrimonio inmaterial como elementos diferenciais da oferta turística galega. Ademais, reforzan a imaxe de Muíños como porta de entrada ao Parque Natural Baixa Limia–Serra do Xurés.




