Mozos de Amencer coñeceron a Escola Provincial de Gaitas de Ourense

Xosé Lois Foxo ofreceulles unha mostra didáctica

Ourense | O director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo, ofreceu unha mostra didáctica a trinta rapaces e rapazas participantes no Campamento Urbano da Asociación Xuvenil Amencer.

Durante a visita, os mozos achegáronse ao patrimonio que custodia o Museo Internacional de Cornamusas e coñeceron de primeira man o labor formativo e cultural desenvolvido pola Escola Provincial de Gaitas, dependente da Deputación de Ourense.

A actividade permitiulles descubrir a historia, a diversidade e as particularidades deste instrumento tradicional, así como afondar na importancia da gaita como un dos principais símbolos da identidade musical e cultural de Galicia.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.