Mos será epicentro internacional do CrossTraining

Reunindo a 400 atletas durante esta fin de semana

Mos | Esta tarde presentouse no Pavillón Óscar Pereiro a II Edición Molis Legend, competición internacional de CrossTraining.

A competición é organizada polo ximnasio mosense Molis Box e conta coa colaboración de Deporte Galego da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra e do Concello de Mos, entre outros patrocinadores.

Á presentación asistiron Nidia Arévalo, Alcaldesa de Mos, Daniel Benavides, Xefe Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Luisa Sánchez, Vicepresidenta Segunda da Deputación de Pontevedra e Deputada de Deportes, Adrián Álvarez Loureiro, emprendedor mosense, propietario do Ximnasio Molis Box e organizador do evento, e Feli Rodríguez, concelleira de Deportes do Concello de Mos. Xunta de Galicia Deputación Pontevedra Molis Box

A competición celebrarase esta vindeira fin de semana, os días 23 e 24 de marzo no Pavillón Óscar Pereiro coa participación de 500 atletas chegados de España e Portugal, 50 membros en staff e 7 eventos e categorías diferentes.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.