Mos acolle xuntanza do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

Coa presenza de 14 representantes dos Concellos deste xeodestino

Mos | O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño continúa a dar pasos para converter o territorio nun polo de atracción turística. Alcaldes e alcaldesas e concelleiros e concelleiras dos 14 concellos que conforman o xeodestino reuníronse este mércores no Pazo de Mos para facer balance dos proxectos realizados no 2020, no que se seguiu traballando para crear novos produtos turísticos e artellar ferramentas clave para a interacción coas persoas visitantes.

Nese camiño por desenvolver produtos turísticos de calidade baseados nos recursos, identidade e tradición do territorio, o ano pasado creáronse catro novas rutas centradas na pedra e no patrimonio oculto, deseñáronse dúas novas postais sonoras coa illa de San Simón e a Virxe da Rocha como protagonistas, artellouse un banco de imaxes con 350 fotografías, puxéronse en marcha a web e redes sociais do xeodestino e elaborouse un novo vídeo que, baixo o lema ‘Toda Galicia na túa man’, servirá para promocionar o territorio.

Na reunión acordouse por unanimidade a reelección da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, como representante institucional do Xeodestino tras estar no cargo un ano no que a pandemia freou de xeito importante a actividade turística.

No encontro tamén participaron Antonio Lomba, rexedor da Guarda; Carlos Gómez, alcalde de Baiona; Francisco Ferreira, alcalde de Gondomar; Juan A. González, rexedor de Nigrán; Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal; Cristina Correa, rexedora de Oia; Digna Rivas, alcaldesa de Redondela; Sandra González, alcaldesa de Tomiño, e Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, así como Sara Cebreiro, concelleira de Política social, Igualdade, Cultura e Turismo de Mos; Eloísa Nogueira, concelleira e tenente de alcalde de Pazos de Borbén; David Alonso, concelleiro de Deportes, Benestar Social, Igualdade, Formación, Emprego, Novas Tecnoloxías e Turismo do Porriño; Daniel Boullosa, concelleiro de Cultura e Turismo de Redondela, e Cristina González, a concelleira de Soutomaior.

Novos proxectos
Durante o 2021 o xeodestino dará continuidade ás actuacións xa postas en marcha o pasado ano, con especial énfase na creación de contidos turísticos e novos formatos. Así, tendo en conta o Xacobeo 2021-2022, este ano o Camiño de Santiago terá un especial protagonismo con accións encamiñadas a aumentar a estancia posterior no territorio de peregrinos e peregrinas, visibilizando os principais atractivos da contorna das dúas variantes oficiais que pasan polos concellos do Xeodestino.

Tamén apostarase pola enogastronomía como eixo central de novos produtos turísticos en base ao potencial vitivinícola e ás festas gastronómicas do territorio, conformando unha oferta singular, sustentable e desestacionalizadora que combine tradición e innovación.

Por outra banda, o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño porá en marcha tamén liñas de traballo que faciliten ás empresas o deseño de produto turístico comercializable, fomentando o traballo en rede e a creación de sinerxías. Ademais continuarase coa actualización de contidos, crearase novo material audiovisual, ampliarase o banco de imaxes e desenvolverase material para que as oficinas de turismo acheguen o territorio a todas as persoas visitantes.

Dende o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño quérese agradecer a implicación do Pazo de Mos, que cedeu as súas instalacións para poder celebrar esta reunión de balance e