Mondariz e Deputación atenden prioridades nas estradas provinciais

A deputada Isabel Couselo reuniuse co Alcalde Juan Carlos Montes

Mondariz | A Deputación de Pontevedra analizará proxectos en estradas provinciais considerados prioritarios para o Concello de Mondariz. A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde de Mondariz, Juan Carlos Montes, para coñecer as necesidades do Goberno local en canto ás estradas provinciais que atravesan o termo municipal.

Na xuntanza, a deputada comprometeuse a analizar as demandas marcadas polo alcalde para poder darlle un impulso a proxectos que, nalgúns casos, veñen xa do 2017.

No encontro, ambos dirixentes analizaron a situación da actuación a desenvolver na estrada provincial EP-4306 que une Ponte do Val e Barciademera. Este é un proxecto iniciado no ano 2017, que o concello de Mondariz considera prioritario e, sen embargo, leva anos sen ter a cesión dos terreos completada para poder dar o seguinte paso no expediente.

Ademais da EP-4306, Couselo e Montes tamén analizaron o proxecto de creación dunha senda peonil na estrada EP-4401 que une Mondariz-Balneario e Forzara. Neste caso, ao igual que o anterior, o Goberno Local anterior non puxo a disposición os terreos o que impide poder avanzar na posta en marcha da senda.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.