Mondariz Balneario inaugura ruta gastronómica con ‘Mostra de Petiscos’

Do 2 ao 4 de febreiro con seis establecementos participantes

Mondariz Balneario | O Concello de Mondariz Balneario, xunto co sector hostaleiro do concello, acordaron levar a cabo unha iniciativa turística para o desenvolvemento do sector turístico da zona e da marca Mondariz Balneario mediante a elaboración dunha ruta gastronómica de degustación de petiscos, que se levará a cabo os días 2, 3 e 4 de febreiro do 2024, actividade que foi presentada o sábado 20 de xaneiro.

Debido á realización de diversas actividades culturais e gastronómicas na comarca, o concello de Mondariz-Balneario decidiu sumarse a estas iniciativas propoñendo coma iniciativa unha ruta de petiscos para reactivar a actividade economizadora no concello en tempada baixa.

O día 2 de febreiro, pola maña, terá lugar a inauguración desta ruta de petiscos. Unha comitiva formada por representantes dos locais participantes, o patrocinador e o Concello realizarán unha ruta inaugural de petiscos polos diferentes locais. Xa pola tarde, comezará a mostra propiamente dito.

Horarios
Se ben os establecementos participantes serán os que establezan o horario, establécese un ‘horario mínimo’ que será o venres de 20 h a 21:30 horas; o sábado de 12 h a 13:30 horas e de 20 h a 21:30 horas e o domingo de 12 h a 13:30 horas.

Prezo dos petiscos
Petisco 2,00 €
Petisco + viño 4,50 €. Os viños empregados para esta oferta, deberán ser os viños do patrocinador. O patrocinador será Adegas Galegas. Don Pedro branco e Terras de Cigarrón tinto

Establecemento, petiscos e alérxenos
Simoneta: “Brioche con tartar de lagostinos e emulsión das súas cabezas”. Glute, peixe, sulfitos, grans de sésamo, leite, soia e ovos.
Yago’s: “Voltereta de cogumelos”. Lácteos (manteiga)
Atalaya: “Petisco de tenreira asada galega”. Mostaza, soia.
Boas Migas: “Bocado de costela de vaca sobre brioche”. Ovo, lácteos, glute e sulfitos
Mixturas: “Crocante de lacón sobre crema de grelos”. Sulfitos, Lácteos, glute
Regato de Valdecide: “Niguiri frito de fazulas de vaca”. Sulfitos.

A Mostra de Petiscos está organizada polo Concello de Mondariz Balneario, Atalaya, Boas Migas, Mixturas, Regato de Valdecide, Simoneta, Yago´s. Colaboran Adegas Galegas, Aguas de Mondariz, Balneario de Mondariz, Adegas Galegas e apoian a iniciativa Bar Cafetería Lourdes, Chocolat, Carnes o Galego, Estación servicio Mondariz, Gala Termal, Farmacia Balneario, Hotel CEMAR, Peluquería as Camelias, Mercaplus Balneario, Lavandería Puma Clean Mondariz Balneario, Lapido y asociados. Real estate investmen group, La del Río, Las Colonias.

Como obter os premios
As persoas participantes nesta mostra poderán gañar varios premios. Para conseguilos entregarase nos establecementos participantes un pequeno pasaporte ou cartilla. As cartillas de participación usaranse para obter selos nos establecementos participantes na ruta gastronómica. Dependendo do número de selos obtidos poderán acceder a distintos sorteos. A información dos premios explicarase na cartilla e o sorteo celebrarase un día laboral na seguinte semana a realización da mostra.

Premios
Se a cartilla ten 3 selos. Dous libros de “Mondariz en los textos de Emilia pardo Bazán. Antoloxía editado por GALAXIA”
Se a cartilla ten 4 selos. Un bono Comercio valorado en 30 €, unha cesta de Don Pedro.
Se a cartilla ten 5 selos. Cinco entradas dobres para o Pazo a Auga de Mondariz-Balneario.
Se a cartilla ten 6 Selos. Bono para unha cea nos establecementos participantes, valorada en 60 €.