Ponteareas | O Concello autoriza o inicio das obras que permitirán que os veciños e as veciñas dispoñan dunha nova área comercial no municipio, localizada no parque da Curuxeira.
Para a construción do edificio que albergará un supermercado da firma Mercadona, a empresa solicitou á administración local os permisos necesarios para instalar varias casetas na contorna.
Trátase de infraestruturas indispensables para que, por unha banda, os traballadores e as traballadoras poidan desempeñar o seu labor e, por outra banda, para garantir o correcto desenvolvemento das actuacións.
O espazo que na actualidade ocupan estas casetas será restituído ao seu estado inicial toda vez que a construtora finalice as obras. Deste xeito, o parque da Curuxeira recuperará a parte do terreo no que agora se atopan estas infraestruturas antes de que teña lugar a inauguración da nova superficie comercial. Segundo as previsións, os traballos remataranse durante os últimos meses do ano.