Melloras no Polígono industrial Chan do Ponte en Salvaterra

Financiada pola Xunta de Galicia con máis de 106.000€

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño está realizando obras de mellora das beirarrúas que se encontran no Polígono Industrial Chan da Ponte, co fin de mellorar a seguridade e accesibilidade tantos dos traballadores e traballadoras como dos veciños da zona.

Esta actuación enmárcase no programa de mellora do polígono industrial, na que o ano 2020 se investiron máis de 120.000€ na mellora do firme.

Esta actuación está financiada a través das axudas da Xunta encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais de Galicia e dos fondos propios do Concello, con un importe total de máis de 106.000€.

Estas beirarrúas encontrábanse nun nivel alto de deterioro que facía necesaria unha renovación das mesmas. As actuación contempladas é a limpeza, e reforma de grandes espazos e o posterior pintado das mesmas. Ademais de contemplar a construción dunha nova beirarrúa na entrada do polígono, co fin de mellorar o itinerario peonil actual, dende o acceso existente para viandantes na estrada autonómica PO-403.